ATENCIÓN INTEGRAL A PERSOAS AFECTADAS DE ALZHÉIMER E OUTRAS DEMENCIAS NEURODEXENERATIVAS: FISIOTERAPIA E TERAPIA OCUPACIONAL.
Durante o ano 2020 puidemos poñer en marcha este proxecto grazas a subvención da Deputación de Pontevedra cunha aportación de de 15.000€, obtendo os seguintes
RESULTADOS
Con respecto ás persoas afectadas:
- O 70% mantiveron a mobilidade a independencia o máximo tempo posible.
- O 80% normalizaron as función senso-motoras.
- O 80% previron as complicacións derivadas da falta de mobilidade.
- No 70% melloraron as complicacións que sobreveñen no curso da doenza.
- No 100% identificáronse os factores de risco para evitar na medida do posible as caídas.
- No 100% mantívose e demorouse o deterioro da coordinación perceptivomotora.
- O 90% mellorou o equilibrio, as reaccións posturais e a coordinación.
- O 80% corrixiu trastornos da marcha.
- O 100% reduciuse a dor articular e/ou a dor muscular.
- O 80% mellorou a autonomía na realización das actividades da vida diaria.
- No 100% fomentouse a participación nas actividades de produtividade, ocio e participación social.
- No 100% fomentouse o contacto da persoa afectada coa realidade, o entorno e a sociedade.
Con respecto ás súas familias:
- Ao 100% ofrecéuselle información, asesoramento e formación, sobre como realizar táboas sinxelas de exercicios coa persoa afectada, mobilizacións, transferencias e cambios posturais, adaptación do entorno, utilización de produtos de apoio, etc.
- No 100% reeducouse a hixiene postural e a ergonomía.